Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REPARARÁ AS FILTRACIÓNS DE AUGA DA CUBERTA NA ZONA DA VERDURA DA PRAZA DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación superará os 30.000 euros e será sufragada con fondos propios

Sanxenxo, 21 de febreiro de 2025.- O Concello de Sanxenxo reparará as filtracións de auga da cuberta na zona da verdura do mercado de abastos de Portonovo. A obra, valorada en máis de 30.000 euros e que será sufragada con fondos propios, sairá proximamente a licitación. Os traballos centraranse na renovación da estrutura e a colocación de panel sándwich, así como nun novo canalón con baixantes de aluminio.

Esta actuación súmase ás xa realizadas a finais do ano pasado cunha liña de axudas do GALP e que supuxeron un investimento de 50.000 euros. Así, mellorouse a eficiencia enerxética e a visión dos produtos a través da instalación de luces LED no interior do mercado. Ademais, co obxectivo de conseguir unha presión óptima e un consumo racional da auga, colocáronse instalacións individualizadas nas bancadas centrais do mercado. Tamén se instalaron mosquiteiras e reparáronse todas as portas de acceso.

O edificio, que ten máis de 40 anos de antigüidade, conta con sete postos de venda de verduras, dúas bancadas de marisco, nove de peixe, así como dous postos fixos de carnicería, catro de marisco, tres de peixe, un de produtos galegos, unha floraría e un de pan.

0
0
0
s2sdefault