Concello de Sanxenxo - O PAZO EMILIA PARDO BAZÁN ACOLLERÁ O VINDEIRO 11 DE MAIO O VII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL SOALLEIRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Sanxenxo, 8 de abril de 2025.– O Pazo de Emilia Pardo Bazán acollerá o vindeiro 11 de maio o VII Concurso de Música Tradicional Soalleira en sesión de mañá e tarde. O prazo de inscricións aínda permanecerá aberto ata o 25 de abril. O certame foi medrando ano tras ano, rexistrando na pasada edición un récord de participación con 72 inscritos e, este ano, por primeira vez, contará cun grupo procedente do territorio nacional.

O concurso, organizado pola Asociación Cultural Soalleira e o Concello de Sanxenxo, repartirá 4.100 euros en cinco categorías e dous accésits de vestiario.

CATEGORÍA A (ata 10 anos)

  • 1º premio: 300 €

  • 2º premio: 200 €

  • 3º premio: 100 €

CATEGORÍA B (de 11 a 13 anos)

  • 1º premio: 300 €

  • 2º premio: 200 €

  • 3º premio: 100 €

CATEGORÍA C (de 14 a 17 anos)

  • 1º premio: 400 €

  • 2º premio: 200 €

  • 3º premio: 100 €

CATEGORÍA D (de 18 en diante)

  • 1º premio: 800 €

  • 2º premio: 400 €

  • 3º premio: 200 €

CATEGORÍA E “Sénior”

  • 1º premio: 300 €

  • 2º premio: 200 €

  • 3º premio: 100 €

O xurado estará composto por tres persoas e valorará a autenticidade, a dificultade, a afinación e a interpretación. O tempo por actuación non poderá exceder os cinco minutos.

O concurso celebrarase en dúas sesións, ás 10:30 e ás 17:00 horas. A asociación cobrará unha entrada simbólica de 3 euros por cada sesión.

 

0
0
0
s2sdefault