Sanxenxo, 8 de abril de 2025.– Comeza a conta atrás para a media maratón Entre Rías que se celebrará o vindeiro 18 de maio entre O Grove e Sanxenxo. A segunda edición chega con importantes novidades, como a homologación por parte da Federación Española de Atletismo ou o apadriñamento da proba por parte de Chema Martínez, considerado un dos fondistas máis destacados da historia do atletismo español.
Ao longo da súa carreira, colleitou numerosos logros, entre os que destacan:
• Campión de Europa de 10.000 metros nos Campionatos Europeos de Atletismo de 2002 en Múnic.
• Subcampión de Europa de Maratón en 2010.
• Participacións nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e Pequín 2008, representando a España na proba de maratón.
Actualmente é director técnico da revista Runner’s World e imparte conferencias por todo o país.
“Percorrín todo o planeta participando en carreiras de aventura e supervivencia en condicións extremas: desde Costa Rica ata a Antártida, pasando por Fuerteventura ou Perú. Gústame dicir que non hai terreo que se me resista: asfalto, deserto, pista, montaña… Atrévomeme con todo!”, asegura.