Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RECIBE CINCO OFERTAS PARA EXECUTAR A MELLORA DA CONTORNA DA CAPELA DE SAN AMARO DE ARRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O CONCELLO RECIBE CINCO OFERTAS PARA EXECUTAR A MELLORA DA CONTORNA DA CAPELA DE SAN AMARO DE ARRA

Sanxenxo, 10 de abril de 2025.- O Concello recibiu un total de cinco ofertas para executar a mellora da contorna da capela de San Amaro de Arra. Trátase das empresas Citanias Obras y Servicios; Construcciones Castro Figueiro; Construcciones EC Casas; Movimiento Áridos y Construcciones de Arosa; e Narom. O orzamento estimado da obra é de 276.739 euros cun prazo de execución de 3 meses. A actuación será financiada integramente a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

Co obxectivo de potenciar este núcleo antigo de poboación, o goberno poñerá en marcha esta actuación que mellorará a seguridade viaria da zona e embelecerá a contorna. A capela de San Amaro é unha xoia arquitectónica da baixa Idade Media e, a escasos metros, atópase o Priorado de Arra, que no seu día foi vivenda duns monxes beneditinos relacionados co Mosteiro da Armenteira e no que se teñen investido preto de 400.000 euros na súa rehabilitación.

Na actualidade pode apreciarse o mal estado do firme, así como as acometidas aéreas de telefonía e electricidade. As actuacións proxectadas terán como obxectivo mellorar o pavimento existente na zona, soterrar os cables aéreos de electricidade e telefonía, e mellorar a iluminación nocturna da contorna da capela e dos viais de acceso.

Conservaranse os niveis orixinais das rúas, para o que haberá que picar e levantar o pavimento existente, escavalo, para posteriormente rechear, compactar, abrir as gabias e rematar colocando o novo pavimento segundo cada caso, mantendo os desniveis e rasantes actuais. Tras as obras de urbanización as cotas dos viais non presentarán cambios reseñable

0
0
0
s2sdefault