Concello de Sanxenxo - GONDAR PRESENTA O SEU CARTEL PARA A XVI FESTA DA XUVENTUDE E A CELEBRACIÓN DE SANTO TOMÉ
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As citas festivas serán o vindeiro 25 de abril, 30 de abril e 1 de maio

Sanxenxo, 17 de abril de 2025.- Gondar prepárase para celebrar dúas citas festivas importantes, a XVI Festa da Xuventude e Santo Tomé. Membros da Comisión de Festas de Santo Tomé de Gondar acompañados do concelleiro vilalongués, Yago Torres, presentaron o cartel coa programación que arrancará o 25 de abril coa xa consolidada Festa da Xuventude con José Rico como artista principal e coas actuacións de Miriam Amat, Dumore, Paco Vulkano, Dani Kölmel e Xacobo Mínimo. O recinto da festa, no atrio da capela de Santo Tomé de Gondar, estará cuberto cunha carpa e valado.

O acceso será libre por unha única entrada controlada e non estará permitida a entrada con bebida do exterior. Durante a velada, realizaranse distintos sorteos. O agasallo máis curioso e novidoso será un porco. A comisión de festas repite a proposta para reducir os residuos na festa coa venda dun vaso conmemorativo reutilizable que os asistentes poderán adquirir por 1 euro.

O mércores 30 de abril, coincidindo coa véspera de Santo Tomé, celebrarase unha verbena amenizada polas orquestras Fania Blanco Show, Unión y Fuerza e sesión disco con DJ. O 1 de maio a festividade de Santo Tomé dará comezo cunha tirada de bombas e pasarrúas co grupo de gaitas Os Cruceiros de Vilalonga e a Fanfarria de Furruxa. Ás 12 horas, celebrarase a misa cantada polo coro parroquial en honra ao patrón e, a continuación, realizarase a tradicional procesión. Tras a celebración litúrxica, haberá sesión vermú con Punto Zero e pulpeiro. Ás 19 horas, celebrarase o XIV Trofeo Festas Santo Tomé de Gondar que enfrontará a solteiros contra casados no campo de O Revel. O recinto da festa estará cuberto por unha gran carpa con pintacaras e inchables para os máis pequenos.

0
0
0
s2sdefault