Concello de Sanxenxo - O CONCELLO LICITA A REHABILITACIÓN DE A TELLEIRA POR 832.902 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación será sufragada a través do Plan de Sostibilidade Turística dos fondos europeos

Sanxenxo, 13 de xuño de 2025.– O Concello de Sanxenxo sacou a licitación o proxecto de rehabilitación de A Telleira, en Vilalonga, tras recibir todos os permisos favorables das administracións implicadas nun espazo de alto valor paisaxístico e natural. A actuación está valorada en 832.902 euros e será sufragada a través do Plan de Sostibilidade Turística dos fondos europeos.

A edificación foi executada no ano 2003 e conta cunha superficie de 2.504 m². O obxectivo da rehabilitación é dotar o edificio dunha compartimentación espacial interior efectiva, que posibilite xestionar a súa climatización de forma independente no tempo, limitando o seu funcionamento aos espazos e usos que se desenvolvan (sen alterar os previstos orixinariamente), para lograr unha mellora da eficiencia enerxética.

O proxecto contempla a instalación de sistemas de ventilación e climatización, dos que actualmente carece, adaptados a criterios de máxima eficiencia. Tamén se mellorarán os sistemas de illamento e drenaxe do edificio, co fin de permitir un desenvolvemento normal das actividades para as que foi creado, mellorando notablemente os estándares ambientais interiores. Ademais, mellorarase a iluminación, potenciando a implementación de novas tecnoloxías que supoñan un menor consumo e unha eficiencia máxima. Finalmente, ordenarase a parcela circundante para dotala dun pequeno aparcadoiro acoutado, que evite a dispersión actual de vehículos sen orde, que deterioran o terreo.

A redistribución do espazo interior deixará, ademais das entradas accesibles, aseos e centralita, os seguintes espazos:

  • Sala de exposición permanente (843 m²)

  • Sala multiusos (53,56 m²)

  • Espazo para obradoiros de interpretación (132 m²)

  • Almacén (116 m²)

  • Aseos (45,36 m²)

  • Centro de documentación (76 m²)

  • Oficinas (41 m²)

  • Sala audiovisual (85 m²)

  • Sala de exposición itinerante (196 m²)

  • Tenda temática (25 m²)

  • Porche (16 m²)

logos nota telleira

0
0
0
s2sdefault