O concelleiro de Turismo e Praias, Juan Deza, acudiu aos establecementos premiados para entregar o diploma acreditativo
Sanxenxo, 13 de xuño de 2025.– As elaboracións “Os tres elementos”, do restaurante Xerfa, e o “Canelón de bacallau ao pil pil”, de O Vasko, fixéronse por segundo ano consecutivo cos primeiros premios nas categorías creativa e tradicional da XIV edición do Sanxenxo Degusta Tapas.
O concelleiro de Turismo, Juan Deza, realizou a entrega dos diplomas aos gañadores do certame, no que os segundos premios recaeron en:
-
O Buraco, coa tapa “Saam de panceta a baixa temperatura con maionesa agripicante e fíos togorasi”
-
Ollares da Ría, con “Cochiño a baixa temperatura con parmentier e chutney de verduras”
As terceiras tapas mellor valoradas polo público foron:
-
“Gyozas de boi con maionesa de ja e teriyaki”, de Ollares da Ría
-
“Xantar de Aldea”, de Restaurante Xerfa
A XIV edición de Sanxenxo Degusta Tapas volveu ser un éxito de participación, con 7.242 tapas servidas nos 24 locais participantes, que ofreceron un total de 40 tapas diferentes a un prezo de 4 euros.
“É unha clara aposta polo produto, pola cociña de calidade, e iso nótase no éxito de público. A hostalaría vólcase con esta proposta e nótase”, asegurou Deza.
As boas cifras de consumo conseguíronse grazas aos seguintes locais participantes:
A Fonte da Vella, Asador O Forno, Asador Aserradero, Bar A Lonxa Portonovo, Castelao, Cervecería Azor, Gastro Bar La Cueva, Taberna de Rotilio, Arrocería Boca do Río, Chiringuito Prado Bello, Hotel Riveiro, Mar do Pintor, O Vasko, Papá Pato, Restaurante Fidel, Restaurante Ollares da Ría, O Risonsiño, Pepa A Loba, Restaurante Xerfa, Taberna A Batea, Taberna A Codia, Taberna Lilaina e Terraza del Mar.
Ademais, os clientes que cubriron o cupón do concurso puideron optar a premios como accesos a spa, visitas guiadas a adegas, viaxes en barco, entre outros.