Concello de Sanxenxo - A PRAIA DE SILGAR ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A GRAN FINAL DA LIGA FEDERACIÓN SUP RACE E A LIGA SUP RACE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O prazo de inscrición péchase mañá ás 23:59 horas e xa hai preto de cen deportistas anotados do territorio nacional e internacional

Sanxenxo, 16 de setembro de 2025.- A praia de Silgar acollerá este sábado a gran final da Liga Federación Sup Race e a Liga Sup Race. A cita, organizada por Sanxenxo Paddle Surf Club, presentouse esta mañá no areal co concelleiro de Deportes, Xuventude e Voluntariado, Marcos Guisasola; o presidente da Federación Galega de Surf, Mateo Sacos e o responsable do Sanxenxo Paddle Surf Club, Ángel Moldes. O prazo de inscrición péchase mañá ás 23:59 horas e xa hai preto de cen deportistas anotados do territorio nacional e internacional.

O Sanxenxo SUP Fest é xa unha cita consolidada no calendario que reunirá a deportistas de todas as idades e niveis nunha xornada vibrante de deporte e mar. O evento será puntuable para a Liga Federación de SUP Race e para a Liga Galega de SUP Race, converténdose nunha cita clave tanto para os riders nacionais como para aqueles internacionais que desexen competir en Galicia e gozar dun dos seus escenarios máis singulares.

A organización dispuxo un completo dispositivo para os participantes, que inclúe zonas de carga e descarga a pé de praia, aparcamento exclusivo, servizos públicos próximos, fisioterapia, avituallamento con froita e bebidas, carpas de resgardo, cobertura médica e de emerxencias, ademais dunha festa degustación e opcións de restauración e aloxamento con prezos especiais.

O Sanxenxo SUP Fest 2025 é unha cita pensada para riders de elite, amateurs e novas promesas, pero tamén para o público xeral, que poderá gozar do espectáculo en primeira liña de praia, nun dos enclaves turísticos máis destacados de Galicia.

O campionato acollerá probas en todas as categorías oficiais da Federación Española de Surfing:

  • Sub 8 (2017-2018) – Táboa máx. 10’6
  • Sub 10 (2015-2016) – Táboa máx. 10’6
  • Sub 12 (2013-2014) – Táboa máx. 12’6
  • Sub 14 (2011-2012) – Táboa máx. 12’6
  • Sub 16 (2009-2010) – Táboa máx. 14’
  • Elite Sub 18 (2007-2008) – Táboa máx. 14’
  • Elite Senior (18-39 anos) – Táboa máx. 14’
  • Elite Master (40-49 anos) – Táboa máx. 14’
  • Elite Gran Master (50 ou máis) – Táboa máx. 14’
0
0
0
s2sdefault