Concello de Sanxenxo - A COMISIÓN POLA SAÚDE DE SANXENXO PORÁ EN MARCHA O PRIMEIRO OBRADOIRO SOBRE MENOPAUSIA CON OITO SESIÓNS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 10 de outubro de 2025.- A Comisión pola Saúde de Sanxenxo, impulsada polo Concello e profesionais sanitarios do equipo de Atención Primaria, porá en marcha o primeiro obradoiro sobre menopausia.

A actividade consta de oito sesións con charlas e espazos participativos nas que os profesionais sanitarios e o persoal técnico municipal explicarán que ocorre no corpo durante a perimenopausa e a menopausa, como identificar os síntomas premenopáusicos máis frecuentes (sofocos, cambios de humor ou alteracións do sono) e que hábitos e estratexias poden axudar a afrontar esta transición de forma saudable e positiva.

A actividade está dirixida a mulleres de entre 45 e 55 anos. O obxectivo é acompañar ás mulleres nesta etapa vital e ofrecer información rigurosa, próxima e útil sobre os cambios físicos e emocionais que poden aparecer. Desenvolverase no Pazo Emilia Pardo Bazán, de 10:00 a 11:30 horas. As persoas interesadas poderán inscribirse no teléfono de Servizos Sociais: 986 727 901.

As sesións comezarán o mércores 15, cunha presentación sobre A Menopausa, coa doutora Laura Alonso Torralbo e a enfermeira Catuxa Lagarón Mallo.
A segunda sesión será o mércores 22, onde se abordarán Os cambios esperados na menopausa, coas mesmas profesionais sanitarias.
O mércores 29, a psicóloga municipal Alejandra Fernández tratará a temática Saúde Psicolóxica: As nosas emocións e o noso coidado.

A cuarta sesión, o mércores 5 de novembro, abordará a Sexualidade nesta etapa coa matrona María Aguilera Núñez.
O 13 de novembro, tratarase a Alimentación Saudable coa nutricionista Gloria Sendón González.
A sexta sesión, o 19 de novembro, centrarse na necesidade dunha actividade física adecuada co técnico de Deportes municipal Nacho Rebollo.
A sétima sesión, o 26 de novembro, tratará os Exercicios de fortalecemento do chan pélvico coa matrona María Aguilera Núñez.
O peche das sesións realizarase o 3 de decembro cunha Camiñata Saudable.

Para a concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago, trátase da “primeira iniciativa que poñemos en marcha tras moitos meses de traballo e reunións, coa que pretendemos axudar e dar resposta a unha realidade feminina que conleva importantes cambios nas mulleres”. Ademais, agradece “a disposición e profesionalidade do persoal sanitario de Baltar por formar equipo co Concello e traballar pola saúde e o benestar dos nosos veciños e veciñas”.

0
0
0
s2sdefault