Concello de Sanxenxo - O CONCELLO LEVA AOS COLEXIOS DO MUNICIPIO O PROXECTO EDUCATIVO MATEMAXIA CO MAGO PACO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Inclúe contidos como operacións combinadas, áreas xeométricas, propiedades numéricas ou series e secuencias, entre outras

Sanxenxo, 17 de outubro de 2025.- Aprender matemáticas dun xeito lúdico e didáctico. Ese é o principal obxectivo que a Concellería de Educación, dirixida por Nati Parada, busca co proxecto educativo Matemaxia, que comezou esta semana nos centros educativos de Magaláns, Telleiro e Cruceiro e que continuará, nas próximas semanas, nos colexios de Nantes, A Florida, Portonovo e Abrente. “É un proxecto que está tendo moi boa acollida tanto no alumnado como no profesorado. É unha forma de aprender diferente a través do xogo e que o alumnado comprobe que as matemáticas poden ser entretidas”, apunta Nati Parada.

O obradoiro do Mago Paco mestura dúas disciplinas, as matemáticas e a maxia, que a priori podemos pensar que non teñen nada en común e mesmo parecen contrapostas, pero nada máis lonxe da realidade e, a través desta actividade, o Mago Paco demostra o moito que teñen en común e o que comparten unha vez que nos achegamos a elas dun xeito diferente e moi divertido.

Coa axuda do Mago Paco, as nenas e nenos participantes conseguirán atopar e sentir moi de preto a maxia que existe dentro dos números, das operacións, da xeometría, da estatística, etc. Descubrindo algúns dos porqués da maxia coa axuda de explicacións matemáticas, demostrando que esta disciplina, ás veces tan pouco motivadora para o alumnado, está chea de sorpresas que descoñecemos e que a converten nunha materia fascinante.

Un espectáculo adaptado ao currículo educativo no que se tratan diversos contidos do mesmo dun xeito práctico, dinámico e moi entretido, interactuando constantemente coas nenas e nenos, facéndoos partícipes, cómplices e protagonistas de cada experiencia. Así, abórdanse operacións combinadas, ár

0
0
0
s2sdefault