Concello de Sanxenxo - O PLENO DARÁ LUZ VERDE Á EXPROPIACIÓN DE DÚAS PARCELAS PARA EXECUTAR O PROXECTO DO CAMIÑO DO CASTRO EN DORRÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A actuación será financiada a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra

Sanxenxo, 17 de outubro de 2025.- O Pleno extraordinario do vindeiro luns dará luz verde á expropiación de dúas parcelas para executar o proxecto do Camiño do Castro en Dorrón. Unha actuación que será financiada con fondos do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra e que terá un importe de 412.445 euros.

O proxecto contempla a mellora da urbanización dende a súa conexión coa estrada PO-308, abarcando o solo urbano e o do núcleo rural. Para iso propónse un aumento do ancho do vial e unha renovación do seu firme. Así mesmo, está previsto a ampliación das redes de saneamento e abastecemento, o soterramento das instalacións aéreas, mellorando o alumeado público e a seguridade viaria e peonil.

A zona de actuación é un camiño con forte pendente en dous terzos do seu percorrido con un firme de formigón e aglomerado en quente, que comunica o núcleo rural de O Castro coa estrada autonómica. Trátase dun camiño que dá servizo ao propio núcleo de Dorrón cunha baixa intensidade de vehículos lixeiros e practicamente nula de pesados, en parte debido ao reducido ancho e gran pendente.

As obras propostas consisten en:
• Ampliar e uniformizar o firme coa demolición total do actual, execución de caixa e a formación do novo firme que consistirá nunha base de zahorra e un firme de formigón de acabado estriado con franxas transversais de pedras de granito, contemplándose ademais a construción dun muro de formigón.
• Mellorar o drenaxe lonxitudinal coa execución dunha nova rede cunha recollida mediante reixas lonxitudinais centrais e transversais conectadas á rede existente.
• Completar a rede de saneamento e de abastecemento.
• Soterrar o cableado aéreo da zona.
• Mellorar a seguridade peonil e viaria.
• Substituír o alumeado público por tecnoloxía máis eficiente.

Coa humanización do Camiño do Castro preténdese mellorar o servizo ofrecido aos veciños e usuarios, igualándoo cualitativamente co existente na zona.

0
0
0
s2sdefault