Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACENDE O SEU NADAL E DÁ O PISTOLETAZO DE SAÍDA A UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN FESTIVA SANXENXO ACENDE O SEU NADAL E DÁ O PISTOLETAZO DE SAÍDA A UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN FESTIVA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 5 de decembro de 2025.- A choiva obrigou a cambiar os plans previstos, pero non impediu que Sanxenxo acendese o seu Nadal. A conta atrás realizouse desde o Pazo de Nadal coa animación de Javi Solla e os Bolechas en colaboración con Entretendas, que regalará uns gorros de Papá Noel. Un total de 345 motivos repartidos en 84 espazos públicos de distintas parroquias comezaron a iluminarse unha hora antes, ás 19 horas, para dar paso á apertura da carpa e desfrutar das actividades previstas como a pista de xeo, pista americana, zona gastronómica e mercado de Nadal. Ás 21 horas, o concerto de Broken Peach, a banda encargada de inundar de espírito do Nadal os 2.000 metros cadrados da carpa. “É unha programación pensada para desfrutar en familia e para todos os gustos con música, teatro, maxia, baile….” apunta Elena Torres, concelleira de Cultura e Eventos.

O Pazo de Nadal concentrará máis de vinte actividades ao longo de todo o período do Nadal. Para mañá, 6 de decembro, de 13:00 a 14:00 horas, @deviño levará á carpa os cantos de taberna. De 17:00 a 20:00 horas, os máis pequenos poderán desfrutar de xogos de Nadal e ás 19:30 horas, actuarán Uxía Lambona e a Banda Molona. O domingo 7, haberá xogos de Nadal de 17:00 a 20:00 horas e o Mago Teto actuará ás 19:30 horas. O 8 de decembro, de 17:00 a 20:00 horas, tocará unha nova sesión de xogos de Nadal e ás 21:00 horas, Family Folks.

Máis acendidos

Vilalonga acenderá a súa Aldea de Nadal o 7 de decembro, ás 19 horas; en Dorrón será o 8 de decembro ás 19 horas; en Bordóns, o domingo 7 de decembro, ás 18 horas; en Aios será o 7 de decembro ás 19 horas; en Adina, o 7 de decembro, ás 18 horas; en Nantes, o luns 8 de decembro, ás 18:30 horas; Noalla acenderá o seu Bosque de Nadal, o luns 8 de decembro, ás 18:30 horas, e Portonovo o luns 8 de decembro, ás 17 horas. En todos estes puntos realizarase recollida de alimentos que serán doados a Cáritas e ao Banco de Alimentos de O Salnés. Durante a festa do acendido haberá chocolate e rosca.

0
0
0
s2sdefault