Concello de Sanxenxo - A POLICÍA LOCAL ADHÍRESE Á CAMPAÑA DE CONTROL DE ALCOHOL E DROGAS DA DGT
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo manterá os controis aleatorios diarios durante as festas do Nadal para tratar de baixar a sinistralidade viaria

Sanxenxo, 8 de decembro de 2025.- A Policía Local de Sanxenxo adhírese á campaña de control de alcohol e drogas da DGT nos días previos ao Nadal, nos que se celebran unha gran cantidade de reunións con familiares e amigos onde o alcohol adoita estar presente. A iniciativa concéntrase entre o 16 e o 22 de decembro, pero en Sanxenxo a Policía amplaraa a todas as festas do Nadal co obxectivo de baixar a sinistralidade viaria.

Campañas como esta seguen sendo importantes xa que o consumo deste tipo de substancias continúa sendo, ano tras ano, un dos tres factores principais de risco nos sinistros de tráfico, tanto nos mortais como nos sinistros con vítimas, tendo estado presente no 13% dos sinistros de tráfico con vítimas en 2023 e, como factor concorrente, no 26% daqueles que rexistraron vítimas mortais, con 246 casos asociados.

Aínda que é verdade que a sociedade avanzou moito na concienciación dos riscos que supón o consumo de alcohol e/ou drogas ao volante, as cifras anteriormente mencionadas poñen de manifesto que este tipo de campañas seguen sendo imprescindibles para afianzar a idea de que, na estrada, a única taxa segura é 0,0%.

En Sanxenxo os controis realizaranse en cada quenda por períodos curtos e en distintos puntos do municipio.

0
0
0
s2sdefault