Concello de Sanxenxo - SANXENXO DARÁ A COÑECER EN FITUR, A TRAVÉS DUN TRÍPTICO, O CENTRO DA CULTURA GASTRONÓMICA DAS RÍAS BAIXAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

 

Unha fotografía da praia de Silgar será a imaxe do mostrador do municipio na cita

 

Sanxenxo, 16 de xaneiro de 2026.- Sanxenxo dará a coñecer en Fitur o Centro da Cultura Gastronómica Rías Baixas, situado no Pazo de Quintáns, a través dun tríptico informativo. O folleto ofrece información tanto sobre o valor patrimonial do edificio, declarado BIC en 2017, como sobre a súa nova función como embaixador gastronómico das Rías Baixas, salientando os espazos expositivos, as salas interactivas e os contidos audiovisuais dedicados á tradición, ao territorio e á gastronomía da comarca.

 

Sanxenxo contará, un ano máis, con mostrador propio no stand de Galicia, situado no Pavillón 9, desde o que se distribuirá material promocional do destino e merchandising turístico. O mostrador estará situado no corredor central e contará coa atención dun informador especializado. A parte traseira do espazo estará protagonizada por unha imaxe de gran formato (2,80 metros de altura) que, nesta edición, amosará unha paisaxe de praia urbana, elixida entre as praias máis icónicas do municipio: Silgar.

 

Ademais, na entrada do Pavillón 9 instalaranse dous tótems publicitarios de gran formato que incluirán oito imaxes representativas de Sanxenxo, amosando a diversidade de paisaxes e recursos turísticos do municipio. Entre elas destacan unha vista cenital do istmo da Lanzada, a praia da Area de Agra, unha imaxe dun veleiro como referencia aos deportes náuticos, unha escena vinculada á gastronomía local, o Pazo de Quintáns como expoñente do patrimonio, o sendeiro litoral Punta Montalvo–Major ao seu paso pola praia de Pragueira, e unha vista da illa de Ons desde Punta Faxilda. Todas as imaxes estarán integradas baixo o lema “Sanxenxo, 365 días diferentes”.

 

Como novidade, o Concello de Sanxenxo presentará en FITUR un tríptico informativo do recentemente inaugurado Centro da Cultura Gastronómica Rías Baixas, situado no Pazo de Quintáns (Noalla). Este folleto ofrece información tanto sobre o valor patrimonial do edificio rehabilitado como sobre a súa nova función como Centro da Cultura Gastronómica das Rías Baixas, salientando os espazos expositivos, as salas interactivas e os contidos audiovisuais dedicados á tradición, ao territorio e á gastronomía da comarca.

0
0
0
s2sdefault