Concello de Sanxenxo - SANXENXO XA LUCE EN FITUR CON MOSTRADOR PROPIO E CON INFORMACIÓN TURÍSTICA DO DESTINO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Centro da Cultura Gastronómica Rías Baixas súmase á oferta de atractivos para visitar o municipio

Sanxenxo, 21 de xaneiro de 2026.- Sanxenxo xa luce en Fitur con mostrador propio no stand de Turismo de Galicia e con información turística do destino que convida a visitalo os 365 días. Ao longo da mañá, o concelleiro de Turismo e Praias, Juan Deza, e a técnica de Turismo, Teresa Salgueiro, mantiveron diversos encontros de traballo con empresas especializadas en accesibilidade e intelixencia artificial aplicadas ao sector. Ata Madrid desprazouse unha ampla representación do sector turístico de Sanxenxo como o CETS, Aviturga, así como os maioristas Viaxes InterRías e CN Travel, entre outros.

O Concello conta este ano en Fitur cun tríptico informativo do recentemente inaugurado Centro da Cultura Gastronómica Rías Baixas, situado no Pazo de Quintáns (Noalla). Este folleto ofrece información tanto sobre o valor patrimonial do edificio rehabilitado como sobre a súa nova función como Centro da Cultura Gastronómica das Rías Baixas, destacando os espazos expositivos, as salas interactivas e os contidos audiovisuais dedicados á tradición, ao territorio e á gastronomía da comarca. “Sanxenxo conta cun novo atractivo turístico único en Galicia e que pon a guinda á nosa oferta. O Centro da Cultura Gastronómica Rías Baixas vén a poñer en valor a oferta gastronómica das Rías Baixas nun espazo con gran valor patrimonial como é o Pazo de Quintáns, declarado BIC en 2017”, explica Juan Deza.

Sanxenxo dá a coñecer en Fitur o Centro da Cultura Gastronómica Rías Baixas, situado no Pazo de Quintáns, a través dun tríptico informativo. O folleto ofrece información tanto sobre o valor patrimonial do edificio declarado BIC en 2017 como da súa nova función como embaixador gastronómico das Rías Baixas, destacando os espazos expositivos, as salas interactivas e os contidos audiovisuais dedicados á tradición, ao territorio e á gastronomía da comarca.

Ademais, na entrada do Pavillón 9 instalaranse dous tótems publicitarios de gran formato que incluirán oito imaxes representativas de Sanxenxo, amosando a diversidade de paisaxes e recursos turísticos do municipio. Entre elas destacan unha vista cenital do istmo da Lanzada, a praia da Area de Agra, unha imaxe dun veleiro como referencia aos deportes náuticos, unha escena vinculada á gastronomía local, o Pazo de Quintáns como expoñente do patrimonio, o sendeiro litoral Punta Montalvo–Major ao seu paso pola praia de Pragueira e unha vista da illa de Ons desde Punta Faxilda. Todas as imaxes estarán integradas baixo o lema “Sanxenxo, 365 días diferentes”.

0
0
0
s2sdefault