Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO IMPLEMENTA MELLORAS NAS COMUNICACIÓNS DE EMERXENCIAS E POLICÍA LOCAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Permitirá contar cunha “caixa negra” na que se rexistren as comunicacións e as localizacións en tempo real

Sanxenxo, 22 de xaneiro de 2026.- Mellorar a resposta ante unha emerxencia e optimizar os recursos dispoñibles e os servizos da Policía Local e Emerxencias. Estes son os dous obxectivos que persegue a Concellería de Seguridade Cidadá e Emerxencias, dirixida por Xoán Pérez Chaves, coa nova rede de comunicacións na que se duplican e renóvanse os repetidores e se instala un programa de despacho para o control e a xestión das comunicacións. O investimento municipal rolda os 40.000 euros.

O novo sistema permite efectuar unha gravación en tempo real tanto das comunicacións como da localización e da situación de todos e cada un dos terminais de radio. Isto permitiría dispoñer dunha “caixa negra” á que recorrer no caso dunha investigación e axudaría na toma de decisións para a mobilización de medios en caso dunha emerxencia.

Na práctica, a Policía Local, no seu traballo diario habitual, ocupa unha canle de comunicación, e o servizo de Emerxencias, se está nunha intervención rutineira, ocuparía outra. Ata agora, se se producía unha emerxencia noutro lugar do municipio que precisase a intervención de ambos corpos ou incluso axuda de emerxencias externas, non tería cabida no repetidor actual.

Agora, ao contar con dous repetidores na mesma localización, permítense tres canles de voz para todas estas comunicacións e, ao mesmo tempo, dispor dun canal de datos que forneza información ao programa de despacho e teña gravadas todas as comunicacións entre os distintos grupos de traballo. Con este cambio garántense tres canles de comunicación entre usuarios e un canal exclusivo para datos.

0
0
0
s2sdefault