Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ACHEGA A IGUALDADE E A DIVERSIDADE AO ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA A TRAVÉS DO TEATRO DE PAPEL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A concelleira de Educación, Nati Parada, acudiu ao CEIP Telleiro onde xunto co colexio plurilingüe Abrente se iniciou hoxe a actividade

Sanxenxo, 2 de marzo de 2026.- Sanxenxo iniciou esta mañá nos colexios Telleiro e Abrente a actividade incluída na programación do Día Internacional da Muller, Contacontos pola igualdade e a diversidade, para nenos e nenas de 1º de Primaria. A través do kamishibai, unha técnica de narración oral tradicional xaponesa que utiliza un pequeno teatrillo de madeira para amosar láminas ilustradas, Juan Juste achegará ao alumnado dos centros educativos tres contos que fomentan a igualdade e o respecto á diversidade.

A concelleira de Educación, Nati Parada, asistiu esta mañá á actividade no colexio Telleiro. “A proposta de Juste Kamishibai busca precisamente usar a maxia dos contos para que os nenos e nenas medren nun contorno de respecto e tolerancia, empregando o teatro como unha ventá aberta á diversidade”, dixo Parada.

A programación do 8-M continuará mañá tamén fóra das aulas, a través da Concellería de Servizos Sociais e o CIM, coa charla coloquio “María Luz Morales. A gran señora da prensa”. A xornalista e correspondente de Sanxenxo no Diario de Pontevedra, Alba Moledo Ucha, achegará a figura da primeira muller en dirixir un diario nacional, La Vanguardia. Farao a través da súa brillante tese doutoral pola que obtivo recentemente o título de Doutora con Sobresaliente Cum Laude.

0
0
0
s2sdefault