Concello de Sanxenxo - O CONCELLO CONCLUÍU A RENOVACIÓN DO CÉSPED DO CAMPO DE FÚTBOL DE BALTAR E O SISTEMA DE RIEGO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, visitaron as instalacións.

Sanxenxo, 4 de marzo de 2026.- O campo de Baltar de arriba conta xa cun novo céspede no terreo de xogo apto tanto para fútbol 11 como fútbol 7, e homologado baixo os esixentes estándares FIFA Quality Pro for Football Turf. En canto ao sistema de rego, instaláronse cañóns de impacto emerxente con sistema de rotación de 360°, fabricados por primeiras marcas do sector, o que garantizará un mantemento eficiente e uniforme do céspede. O Concello leva a cabo esta actuación por modalidade de renting, como xa se fixo no campo municipal de O Revel, durante un período de 48 meses.

O alcalde, Telmo Martín, acompañado polo concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, visitaron as instalacións deportivas tras a renovación do céspede e do sistema de rego. A finais da próxima semana, darase comezo á retirada do céspede do campo de Noalla para a súa posterior renovación, ao igual que o sistema de rego. Ademais, realizaranse actuacións complementarias, como a sustitución da barandilla e melloras no peche perimetral. Os dous clubs que entrenan e xogan nestas instalacións, o S.D. Noalla e o E.F. Sport, trasladarán os seus adestramentos temporalmente ao campo de O Revel e Baltar. A actuación en ambos campos supón unha inversión total de 627.478 euros, financiados con fondos municipais.

Por outra banda, está en proceso de licitación a substitución da iluminación para mellorar a eficiencia enerxética nos campos de Baltar de Arriba e O Revel, que se financiará a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas 2025.

0
0
0
s2sdefault