Sanxenxo, 6 de marzo de 2026.- A Semana Santa 2026 de Sanxenxo arrancará o próximo sábado 28 de marzo coa celebración do V Certame de Bandas Cofrades, un evento xa consolidado no calendario cofrade da vila. Nesta esperada quinta edición participarán a Agrupación Musical Nª Sª do Nordés (Ferrol), a Sección Musical Vera Cruz (Santiago de Compostela) e a Banda da Cofradía de Nto. P. Jesús Nazareno & Sto. Sepulcro (Sanxenxo).
O certame regresará á súa ubicación habitual na Praza dos Barcos, comezando ás 18:00 h. Desde as 17:45 h, as formacións realizarán un pasarrúas por distintas rúas da vila, saíndo do Paseo de Silgar, Rúa de Madrid e Rúa Sanxenxo, para confluir todas na Praza dos Barcos e dar inicio a esta nova edición.
Ás 20:45 h, no Templo Pequeno, terá lugar o pregón da Semana Santa 2026, que correrá a cargo de Mª Teresa Fernández Talaya, Cronista Oficial da Vila de Madrid, licenciada en Xeografía e Historia e doutora en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid.
Programación da Semana Santa 2026:
-
Domingo de Ramos
12:30 h: bendición dos ramos no atrio do Novo Templo, seguida da procesión arredor do mesmo e da celebración da Santa Misa.
20:45 h: concerto de música sacra no Novo Templo. -
Luns Santo
20:30 h: saída do Templo Pequeno do paso de “Xesús Atado á Columna” coa Cofradía do Nazareno e Sto. Sepulcro. -
Mércores Santo
20:00 h: actos litúrxicos.
20:45 h: procesión do Santo Encontro no cruce da Rúa Madrid co Paseo de Silgar, seguida do Santo Vía Crucis e a procesión de Noso Pai Xesús Nazareno. -
Venres Santo
12:00 h: Recepción dos Santos Óleos.
20:00 h: Solemne Acción Litúrxica no interior do templo.