Concello de Sanxenxo - O CONCELLO INICIA A INSTALACIÓN DUN NOVO ACCESO PEONAL NA PRAIA DE SILGAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os traballos comezaron esta mañá e está previsto que duren dúas semanas

Sanxenxo, 10 de marzo de 2026.- O Concello de Sanxenxo continúa mellorando os seus areais coa instalación dun novo acceso á praia de Silgar. A nova rampa está adaptada para usuarios con mobilidade reducida, respondendo a unha antiga demanda dos bañistas que se sitúan nesta zona do areal.

A colocación da estrutura comezou esta mañá no extremo oeste da praia e está previsto que se prolongue durante dúas semanas. A actuación, impulsada pola Concellería de Turismo e Praias, dirixida por Juan Deza, conta cunha axuda de máis de 47.000 euros da Consellería do Mar a través do GALP.

Os traballos a realizar inclúen tamén o desmontaxe do tramo de balaustrada de granito existente para permitir o acceso á pasarela, así como o montaxe da pasarela formada por piares, vigas, pontóns e taboleiro de plástico reciclado, así como barandillas de aceiro inoxidable, que se realizará nos próximos días.

O areal conta con 8 conxuntos de escaleiras dobres de 0,80 metros de ancho e agora sumará tres rampas para os usuarios con mobilidade reducida e carros. A superficie sobre a que se actuará mide 98 metros cadrados.

0
0
0
s2sdefault