Concello de Sanxenxo - A MESA LOCAL DE COMERCIO DA LUZ VERDE Á FEIRA DE OPORTUNIDADES DE SANXENXO NA PRAZA DO MAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A cita terá lugar os días 2, 3 e 4 de abril, coincidindo coa Semana Santa

Sanxenxo, 11 de marzo de 2026.- O alcalde, Telmo Martín, presidiu esta mañá a Mesa Local de Comercio na que se deu luz verde á Feira de Oportunidades que organiza Entretendas CCU e coa que colabora o Concello de Sanxenxo.
Tamén participaron o concelleiro de Turismo, Juan Deza; os representantes dos mercados de abastos de Sanxenxo e Portonovo, Egidio Barral Castro e Loli Pérez Alarcón; e de Entretendas CCU, Conchi Horro, así como o representante de Comercio da Xunta, Fernando Vicente Dávila, que participou por videoconferencia.

A cita estreará este ano ubicación na Praza do Mar os días 2, 3 e 4 de abril coincidindo coa Semana Santa. Serán un total de 18 casetas con distintos artigos, desde roupa, calzado, alimentación e complementos. A feira é xa un clásico na programación de actividades de Entretendas, na que haberá importantes descontos.

Na mesa tamén se informou das actividades realizadas polo comercio ata agora, así como das campañas previstas como o Día do Pai, o Día da Nai, a Volta ao Cole, vídeos promocionais cos socios, así como cursos de formación para asociados a Entretendas.

Unha memoria de actividades que ten como obxectivo incentivar a demanda con novas fórmulas de distribución comercial da pequena empresa e promocionando o comercio polo miúdo.

0
0
0
s2sdefault