Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O OBRADOIRO DE SEMANA SANTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Concellería de Educación organiza, por primeira vez, esta actividade que se suma ao plan anual de conciliación municipal

Sanxenxo, 11 de marzo de 2026.- O Concello de Sanxenxo abre mañá xoves o prazo de inscrición para o Obradoiro de Semana Santa, que se celebrará do 30 de marzo ao 2 de abril, en horario de 9:00 a 14:30 horas. A Concellería de Educación suma, por primeira vez, esta actividade, pensada para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, ao plan anual de conciliación municipal.

As prazas son limitadas e teñen un prezo de 20 € para empadroados e 25 € para non empadroados. O prazo de inscrición pecharase o 20 de marzo ás 14:00 h e as prazas asignaranse por orde de inscrición. Antes de formalizar a inscrición, deberá realizarse o pagamento do mesmo das seguintes maneiras:

  • Telematicamente, a través da OVT do O.A. Terra de Sanxenxo: https://terradesanxenxo.ovt.gal no apartado de servizos dispoñibles, sen certificado dixital.

  • Presencialmente, seguindo estes pasos:

    • Solicitando o documento de pagamento no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou presencialmente na Tesouraría do Concello.

    • Realizando o pagamento en ABANCA ou Banco Sabadell.

Unha vez feito o pagamento, deberá formalizarse a inscrición, preferiblemente, na sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo: https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal (é necesario dispoñer de DNIe, certificado dixital e/ou sistema de claves Cl@ve) ou de maneira presencial no rexistro do Concello. Deberase presentar o Libro de Familia e a Tarxeta Sanitaria.

obradoiro semana santa1

obradoiro semana santa2

0
0
0
s2sdefault