Concello de Sanxenxo - UN VECIÑO DE ADINA REPRESENTARÁ A GALICIA NA OLIMPIADA NACIONAL DE XEOGRAFÍA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Marcos Carramal estuda 2º de Bacharelato no IES de Vilalonga

Sanxenxo, 12 de marzo de 2026.- O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Educación, Nati Parada, recibiron esta mañá na Alcaldía a Marcos Carramal Fernández, un estudante de 2º de Bacharelato do IES de Vilalonga, de 17 anos, que representará a Galicia na Olimpiada Nacional de Xeografía. “É un orgullo que un veciño leve o nome de Sanxenxo a unhas probas nacionais de Xeografía. Tes todo o noso apoio e recoñecemento”, asegura Martín. Acudiu acompañado do profesor de Xeografía e Historia e preparador para as probas previas a nivel autonómico e agora para as que se celebrarán en León, Gonzalo Ballesteros. A concelleira de Educación incidiu en que “a implicación dos docentes neste tipo de experiencias académicas é fundamental”.

Marcos Carramal quedou primeiro nas probas celebradas en Santiago e agora prepárase para as Olimpiadas de Xeografía que se celebrarán en León os días 17 e 18 de abril, organizadas polo Colexio de Xeógrafos e a Asociación Española de Xeografía, onde se darán cita os clasificados nas fases locais. Nun par de meses pechará a súa etapa de Bacharelato e prevé iniciar a súa formación académica no Grao de Dereito.

0
0
0
s2sdefault