Concello de Sanxenxo - O TRIATLETA JAVIER GÓMEZ NOYA APADRIÑARÁ A ENTRE RÍAS MEDIA MARATÓN 2026
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A proba que une O Grove e Sanxenxo contará cunha das maiores lendas do deporte español

Sanxenxo, 13 de marzo de 2026.- A Entre Rías Media Maratón continúa desvelando novidades de cara á súa edición de 2026 e faio cun nome de enorme prestixio: Javier Gómez Noya, considerado un dos mellores triatletas da historia, será o padrino oficial da proba, que se celebrará o próximo 17 de maio entre O Grove e Sanxenxo.

O deportista galego, nado en Ferrol e referente mundial do triatlón durante máis de dúas décadas, conta cun palmarés espectacular que o sitúa entre os grandes do deporte internacional. Ao longo da súa carreira conseguiu cinco campionatos do mundo de triatlón (2008, 2010, 2013, 2014 e 2015), ademais dunha medalla de prata olímpica nos Xogos de Londres 2012 e varios títulos europeos, consolidándose como un dos atletas máis dominantes da súa disciplina. A súa presenza como padrino supón un impulso extraordinario para a proba galega, que se converteu nunha das citas máis destacadas do calendario de running en Galicia.

A Entre Rías Media Maratón 2026, organizada polos concellos de O Grove e Sanxenxo baixo a dirección técnica de Nokao, volverá reunir a miles de corredores nun percorrido espectacular que conecta algúns dos paisaxes máis emblemáticos da costa galega, pasando por lugares como a Illa da Toxa ou a praia da Lanzada. O evento contará con dúas modalidades: Media Maratón (21 km) e 10K.

Ademais, o sábado 16 de maio celebraranse as carreiras infantís gratuítas para nenos e nenas de 0 a 13 anos, reforzando o carácter familiar e participativo da cita. A organización espera superar as cifras de participación do ano pasado, cando máis de 2.200 corredores tomaron a saída nunha xornada marcada polo ambiente festivo, o deporte e o contorno natural único das Rías Baixas.

Con Javier Gómez Noya como padrino, a Entre Rías Media Maratón suma un embajador de luxo para unha proba que xa é sinónimo de deporte, paisaxe e experiencia.

As inscricións continúan abertas ata esgotar dorsais na web oficial:
www.entreriasmediamaraton.com

0
0
0
s2sdefault