A mostra, organizada pola parroquia de San Xinés de Padriñán en colaboración co Concello, contará con “roteiros históricos”
Sanxenxo, 18 de xullo de 2026.- A parroquia de San Xinés de Padriñán, en colaboración co Concello de Sanxenxo, saca á rúa parte do seu arquivo fotográfico sobre o municipio coa exposición “Viaxe ao Sanxenxo de 1900”.
O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Cultura e Eventos, Xoán Manuel Pérez, acompañados polo párroco Samuel García e polo historiador local José Manuel Abel, inauguraron esta mañá a mostra no Paseo de Silgar que, xunto coa Praza de Fonte de Ramos, o Parque da Panadeira e o Novo Templo, conforman os distintos puntos da exposición. En total, son nove tótems con imaxes nas que se pode apreciar a transformación de espazos emblemáticos do municipio, así como a evolución urbana de Sanxenxo ata converterse no principal destino turístico español.
Para que a experiencia sexa aínda máis enriquecedora, realizaranse roteiros polos distintos espazos da exposición con grandes coñecedores da historia de Sanxenxo como José Manuel Abel, Marcelino Agís e Isidoro Sabell. Desenvolveranse os días 20 e 27 de xullo e 5 e 10 de agosto, ás 11:00 horas. O punto de encontro será o Paseo de Silgar, xunto aos tótems da exposición.