Sanxenxo, 3 de agosto de 2026.- A gastronomía galega e a pintura foron as protagonistas en Arra esta fin de semana. A Asociación Cultural San Caetano volveu asinar un novo éxito coa XXV Feira Gastronómica de Produtos Galegos e o XI Certame de Pintura Rápida de Arra como "Antiga Parroquia". A explanada de Montalvo acolleu unha ampla degustación de produtos gastronómicos, pero tamén actividades complementarias como obradoiros de barro, concertos e postos de artesanía.
O broche final púxoo o certame de pintura ao aire libre, no que participaron 44 persoas procedentes de distintos puntos de Galicia, País Vasco, Portugal, Andalucía e Luxemburgo. Repartíronse 5.500 euros en premios distribuídos en dúas categorías, adulta e infantil. A cita destacou polo alto nivel dos participantes e pola calidade das obras presentadas. Na entrega de premios estiveron presentes os concelleiros de Cultura e Eventos, Xoán Pérez, e de Educación, Nati Parada.
CATEGORÍA ADULTA (a partir de 17 anos)
-
1º Premio: Andrés Gabarres (1.500 €)
-
2º Premio: Laura Romero (900 €)
-
3º Premio: Abel Barandela (600 €)
-
4º Premio: Isabel Seidell (400 €)
Cinco accésits (100 €):
Luis Hernández, Carlos Triñanes, Manuel Gómez, Alipio Rocuo e Tono Lorenzo.
Premios Artista da Comarca:
-
1º Premio: Xosé Rodiño (600 €)
-
2º Premio: Eduardo Pérez (300 €)
-
3º Premio: Sofía Gunturiz (150 €)
CATEGORÍA INFANTIL
Ata 12 anos
-
1º Premio: Hannah Carvajal (vale de 100 €)
-
2º Premio: Nicolás Carvajal (vale de 50 €)
De 13 a 16 anos
-
1º Premio: Lola Braso (vale de 200 €)
-
2º Premio: Blanca Ortiz (vale de 100 €)