Concello de Sanxenxo - SANXENXO VOLVERÁ A ADIANTAR A SEMANA SANTA O BALIZAMENTO EN PANADEIRA, SILGAR, CANELAS, BALTAR E CANELIÑAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo, 23 de marzo de 2026.- Sanxenxo volverá a adiantar a Semana Santa o balizamento nas praias de Panadeira, Silgar, Baltar, Canelas e Caneliñas. A Concellería de Turismo e Praias, dirixida por Juan Deza, adoptou a medida, por cuarto ano consecutivo, nos areais que, tanto pola súa situación como pola afluencia de bañistas, son susceptibles desta mellora de seguridade. Non se colocará a sinalización habitual con corcheras xa que non soportaría as condicións do mar, pero si se delimitará con unha liña de boias amarelas a zona de baño. Os traballos comezaron esta mañá na praia de Silgar.

Na tempada de verán o balizamento completo con corcheras levarase a cabo, entre o 1 de maio e o 1 de xuño, nas praias de Agra, Areas, Panadeira, Pampaído, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Nosa Señora da Lanzada, Areas Gordas, O Espiñeiro e A Lapa. Debe ser retirado antes do 31 de outubro. Ademais, instalaranse e poñerase en funcionamento en cada unha das boyas luces LED solares nas praias de Panadeira (5 unidades), Silgar (25 unidades), Baltar (18 unidades) e Caneliñas (7 unidades).

Todas as boias, incluso as instaladas nos canais náuticos e de nado, irán lastreadas co seu correspondente morto de formigón, incluída a parte proporcional dos elementos de suxeición necesarios para a correcta unión de cada morto coa correspondente boya, así como os contrapesos necesarios para manter a verticalidade das boias.

O Concello continúa coa posta a punto dos areais e coa mellora dos servizos como os accesos. Neste momento, trabállase na pasarela de entrada á praia de Area de Agra e un novo acceso na praia de Silgar.

0
0
0
s2sdefault