Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN DO PLAN CONCILIA CON 910 PRAZAS NOS COLEXIOS DA FLORIDA E O TELLEIRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O servizo abranguerá, por primeira vez, os días de vacacións escolares dos meses de xuño e setembro

Sanxenxo, 12 de maio de 2026.- O Concello de Sanxenxo abre mañá mércores 13 de maio e ata o 26 o prazo de inscrición para o Plan Concilia que, por primeira vez, cubrirá os días de vacacións escolares dos meses de xuño e setembro. A empresa Sonaga Gestión farase cargo do servizo, que contará con dúas localizacións para facilitar o acceso ás familias nos colexios do Telleiro e da Florida. En total, poranse á disposición 910 prazas, 94 por quincena, e resérvanse un total de 40 para nenos e nenas con diversidade funcional.

O prezo por quincena é de 45 euros e, para o período completo, 230 euros. O horario será de 8 a 15:30 horas, incluíndo a opción de levar comida da casa, ou de 9:30 a 14 horas, para os que non coman nas instalacións municipais. No caso de que se opte pola ampliación horaria, as familias deberán aboar 10 euros por quincena se fan uso do servizo de friameira e do plan madruga.

As solicitudes presentaranse preferentemente a través da sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal). Para iso será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autenticación Cl@ve. Opcionalmente, tamén se poderán presentar de maneira presencial no Rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo en horario de 9 a 14 horas. Cubrirase un único formulario de solicitude para todos os fillos consignando o nome e data de nacemento de cada un deles.

0
0
0
s2sdefault