A concelleira de Educación, Nati Parada, mantivo un encontro a pasada semana coas familias para explicarlles a dinámica das actividades.
Sanxenxo, 22 de xuño de 2026.- Un total de 60 familias comezaron esta mañá no Plan Concilia municipal en O Telleiro e A Florida que, por primeira vez, cubrirá ademais de xullo e agosto, os días de vacacións escolares de xuño e setembro.
A concelleira de Educación, Nati Parada, reuniuse a pasada semana coas familias das persoas usuarias para explicarlles, xunto coa empresa que xestionará o servizo, a dinámica das actividades e resolver posibles dúbidas.
En total ofertáronse 910 prazas, 94 por quincena, e reserváronse un total de 40 para nenos e nenas con diversidade funcional. O prezo por quincena é de 45 euros e, para o período completo, de 230 euros.
O horario será de 8:00 a 15:30 horas, incluíndo a opción de levar comida da casa, ou de 9:30 a 14:00 horas para quen non faga uso do servizo de comedor nas instalacións municipais.
As familias que desexen utilizar a ampliación horaria, tanto do servizo de friameira como do Plan Madruga, deberán aboar 10 euros por quincena.